Nos seus inicios, no ano 1984, o conservatorio dependía do Patronato da Deputación Provincial de Ourense e da Subdelegación do Goberno. Posteriormente, no ano 1991, a xestión pasou na súa totalidade ó Exmo. Concello do Carballiño. Cabe resaltar que tanto no municipio como na comarca non existen centros das mesmas características. Se ben é certo que nos municipios limítrofes existen diversas agrupacións (agrupacións tradicionais, coros, etc.) e centros de estudos non regulados.
Nos seus comezos a súa actividade lectiva foi desenrolándose en diversos emprazamentos nas que se obtivo unha concesión, coma o Colexio Calvo Sotelo, Colexio Vila do Arenteiro ou o Instituto Chamoso Lamas, ata o 29 de novembro de 2005, cando o conservatorio se estableceu definitivamente no seu actual edificio propio (rúa Tras estación de autobuses, s.n). O conservatorio comparte espazo co Auditorio “Manuel María” do Carballiño, o cal se usa para as actividades do centro: clases, audicións, cursos, seminarios, etc.
Actualmente oferta estudos oficiais de Grado Elemental e Grado Profesional. Paralelamente, conta cunha escola de música. A súa formación abarca as comarcas mais próximas, aínda que en ocasións tamén contamos con alumnos/as de outras zonas da provincia.
Canles de contacto:
Área de Educación do Concello do Carballiño
Praza Maior, 1 (2º andar)
32500 – O Carballiño (Ourense)
Teléfono
988 53 00 07 (Ext.: 327) / 662 19 76 65
cmus.profesional.carballino@edu.xunta.gal
Horario de atención:
De luns a venres (9:00h – 14:00h)