A Orquestra do CMUS do Carballiño está integrada por músicos estudiantes de Grao Profesional, das diferentes especialidades que se dan cita no plantel orquestral.
Director: Juan M. Soto Arias
Agrupación Instrumental Infantil
A Orquestra Infantil constitúe a primeira oportunidade para os nosos alumnos de Grao Elemental de iniciarse na experiencia de tocar nunha agrupación instrumental, axudando na súa formación de xeito determinante.
Director: Carlos Cortés González
Coro Grao Profesional
O Coro de Grao Profesional está formado por alumnado de 1º a 6º curso deste grao das especialidades de Canto, Guitarra e Piano fundamentalmente.
Directora: Begoña Alonso Prado
Coro Infantil-Xuvenil
O Coro Infantil-Xuvenil pretende brindar a oportunidade ao alumnado tanto do CMUS coma da Escola de Música de poder interpretar un repertorio coral dunha maneira lúdica, así coma poder participar en concertos con outras agrupacións corais e instrumentais.
Directores: Christian Casas Hernández Begoña Alonso Prado
Agrupación “PercuCar”
A agrupación de percusión “PercuCar” está formada por alumnado do CMUS e Escola de Música indistintamente, os cales teñen a posibilidade de interpretar músicas coma a contemporánea ou de batucada.
Directores: Rubén Comesaña Riveiro Pablo Paz López
Canles de contacto:
Área de Educación do Concello do Carballiño Praza Maior, 1 (2º andar) 32500 – O Carballiño (Ourense)